A semana pasada a Coca Simona aterrou nos centros escolares de Chapela para anunciar a chegada do Nadal. Alí os acompañantes deste dragón explicaron aos alumnos que é o que lles espera este Nadal nas rúas de Chapela. Esta campaña está organizada polo Concello de Redondela en  colaboración da Asociación de Empresarios.