Veciños de Chapela denuncian as deficiencias na autoestrada AP-9 ao paso por Chapela. Quéixanse do abandono total dos aramados que levan máis de 15 anos sen reposición e do uso de pesticidas para queimar as malas herbas. Ditos pesticidas son usados ilegalmente xa que existe un bando do Concello de Redondela no que di que o seu uso está totalmente prohibido.