Malia as súas protestas, os veciños da parroquia de San Estevo de Negros en Redondela levan seis anos sufrindo o ruído nocturno procedente das obras do AVE. Din que non poden durmir e que o tránsito de camións é constante. Os residentes da zona xa reclamaron en varias ocasións ante o concello para que actúe para solucionar o problema. Aínda que recoñecen o ruído, din que se trata dunha obra supramunicipal que depende do Ministerio de Fomento.Polo momento os traballos continúan durante toda a noite e a maquinaria continúa funcionando a altas horas da madrugada. Os afectados piden que se prohiba a actividade de noite.