Se algo lle faltaba á axenda cultural de Redondela era a música. O Concelleiro de Cultura de Redondela Julio Alonso presentou na mañá de onte o novo ciclo musical chamado Rede de Músicas Soltas Concello de Redondela. Dito ciclo engloba unha serie de concertos de música en galego que se celebrarán no Multiusos de Redondela no primeiro sementre do ano. A cantante Ugia Pedreira actuará este sábado día 11 ás 21h o prezo será de 4€.