Oink! Oink! Oink! Este é o tema presentación da obra “Os tres porquiños” en que Educateatro Produccións, en colaboración co Concello de Redondela, leva traballando dende hai varios meses. Presentouna no Multiúsos da Xunqueira, no concello de Redondela (Pontevedra) Os compoñentes da compañía trasladaron un anaco de bosque ao escenario do auditorio e mesturárono con arranxos musicais para dar lugar a unha obra musical baseada no conto tradicional, pero adaptada aos tempos de hoxe. Os máis de seiscentos rapaces e rapacas que acudiron á cita colaboraron co esplorador para contar a historia dos tres porquiños e incluso puideron cantar e xogar cos personaxes da obra. Pero os máis pequenos non foron os únicos que o pasaron ben, xa que os profesores gozaron da música e do conto tanto ou máis ca eles. Este musical estreouse o 12 de xaneiro ás 18:00 horas e colgaron o cartel de completo ás oito horas de iniciar a prevenda de localidades. O luns 13 de xaneiro elaboraron dous pases, un ás 10:00 horas e ás 12:00 horas para estes rapaces e rapazas.