O pianista redondelá Alejo Amoedo actuou este Nadal no Multiusos da Xunqueira no concerto homenaxe a Reveriano Soutullo. Alejo considérase un seguidor aférremo do compositor Soutullo e posúe obras inéditas deste mesmo. No concerto que ofreceu Alejo interpretou obras arranxadas por el mesmo e fixo un fenomenal repaso á vida musical de Soutullo.