Nas pasadas festas de Nadal Redondela.tv emitiu un programa especial en directo onde repasamos o máis salientable do 2013. O Festival de Títeres de Redondela foi un dos temas a tratar, festival que este 2014 cumpre 15 anos de antigüidade, un dos seus promotores Alfonso Conde acompañado de Pedro e Fran paseáronse polo plató móvil e adiantáronnos un anaco de como será o cd musical para esta nova edición do Festival de Títeres.

( Redondela.tv pide desculpas polo estado da imaxe e audio, ao ser un programa emitido por internet as calidades das mesmas son inferiores ao normal )