Os 17 membros de Anova Redondela expulsados da formación estudan recorrer á xustiza.Nun comunicado, din que os argumentos esgrimidos para botalos carecen de fundamentos.Anova expulsounos argumentando que convocaran unha asemblea paralela á oficial e que usaran fraudulentamente as redes sociais.Os afectados din que a Comisión Ética da formación non ten lexitimidade para tomar esa decisión.  Nas últimas horas recibiron o apoio da asemblea comarcal do Morrazo e de Anova Teo.