Co motivo da estrea do disco da Rondalla de Redondela, Redondela.tv entrevistou a dous dos seus integrantes. Tanto Manuel Pazos “Pisquito” como Jose Ferreira destacaron a importancia de que se sume á Rondalla xente nova e sobre todo que toque algún instrumento. Esta será a forma de que perdure no tempo.