A parte instrumental da Rondalla de Redondela bota de menos que non se una máis xente nova con nocións musicais en laudes ou mandolinas. A maioría da xente escolle a guitarra clásica pero o que máis nos gustaría que aparecese serían os instrumentos mencionados con anterioridade. Este ano rescatamos partituras que Manuel Pazos ” Pisquito” tiña na súa memoria e a base de ensaiar recuperamos as cantigas salientan os integrantes da Rondalla.