A Rondalla de Redondela presentou o novo disco no Multiusos da Xunqueira, é un disco que rescata as cancións máis antigas e populares que se cantaban en Redondela. A formación anterior da Rondalla data dos anos 40 e non sempre estivo en activo. Dende hai escasos 4 anos a Rondalla volveu a subirse aos escenarios para deleitar aos seareiros cos tradicionais cancións que fixeron a este grupo coñecido.