Ángel é o título escollido por Cuchi Carreira para o seu novo proxecto. Ángel Barros Montero naceu en Redondela, irmán do coñecido republicano Manuel Barros Montero.Ángel Barros despois dunha infancia marcada polo franquismo tivo que emigrar de Redondela e buscar o seu oficio lonxe da súa familia. Percorreu medio mundo en busca da súa paixón a pintura é a restauración. Finalmente topouna en París onde traballou como restaurador para o museo do Louvre. Amosamos un previo do que será o novo traballo de Cuchi Carreira que se estreará o 26 de abril dentro do festival Redondela en Curto