O P.S.O.E expuxo no pleno a súa desconformidade de como se está a levar a cabo a tramitación da información para as axudas aos distintos comedores escolares. Os socialistas consideran que moitas familias quedan fora das axudas por mor da mala  información ofrecida pola Concellería de Servizo Social. Solicitan a maiores que empreguen persoal de reforzo para axudar a cumprimentar as bases das axudas e solicitan ao Alcalde que poña estas medidas en valor para o curso 2014/2015.