Hai escasos días o alcalde de Vigo Abel Caballero expós que todo veciño que utilizara o trasporte de Vitrasa e non estivera empadroado en Vigo non podería usar a coñecida Tarxeta Verde, unha tarxeta que che permite viaxar no autobús cun desconto no prezo final. A Asociación de Veciños de Chapela puso esta medida en coñecemento ao Concello de Redondela xa que son moitos os veciños de Chapela que a utilizan e polo tanto non poderían utilizar a rebaixa no transporte.