A cicloxénese explosiva fai referencia á creación dun ciclón (ou borrasca cando a latitude é media)de maneira moi rápida (en cuestión de horas) e de xeito moi intenso (con caídas de presión moi bruscas).No ano 1980 Sanders e Gyakum caracterizaron as cicloxéneses explosivas como aquelas nas que no seu centro a caída da presión é de aproximadamente 20 milibares en 24 horas (para latitudes coma a de Galicia).