Este ano a campaña do Choco está sendo un fracaso para os mariñeiros de Redondela. Adeguran que nos 20 días que levan traballando colleron a mesma cantidade de cefalópodo que outros anos nunha sola xornada. Din que o problema é o tempo e a auga doce acumulada na ría. A veda do choco abriuse o 1 de febreiro e a estas alturas en Redondela levan capturado uns 700 quilos deste cefalópodo. Unha cantidade que normalmente poderían coller nun só día segundo explican os mariñeiros.

O problema son as borrascas dos últimos meses que deixaron demasiada auga doce na ría. “Os chocos, os que haxa, coa auga doce e o frío están encamados e non se moven. E nós para collelos téñense que mover, porque coas redes que empregamos, que se chaman trasmaios, se o choco non se move, está quieto e non se collen”. ” Practicamente lles é máis rendible quedar en terra que ir a largar os trasmaios que sair ao mar, porque non ganan para gastos neste momento.” “Pero este ano nin para vivir, porque a onde vas con 3-4 quilos… Porque co cara que está a gasolina xa che fai falla un promedio de entre 15 e 20 euros. E de aí para arriba.”

En Redondela son 40 embarcacións as que se adican á captura do choco, agora agardan que chegue o bo tempo e a natureza lles compense estas malas semanas.