Unha persoa quedou ferida esta mañá nun accidente de tráfico na autoestrada AP-9 á altura do concello de Redondela. Todo apunta a que o condutor do vehículo perdeu o control debido a que a estrada estaba esvaradía, pola chuvia e a sarabia. O coche que ía en dirección a Pontevedra deu varios bandazos cara aos lados e golpeouse contra as barreiras de protección. Como consecuencia do accidente producíronse importantes retencións na autovía.