O Concello de Redondela xunto coa Deputación de Pontevedra promoven unha campaña de Seguridade Vial nos colexios. A intención desta campaña e incentivar o bo uso das normas viais tanto en pais como nos fillos e evitar deste xeito que ocorran accidentes aos máis cativos. O libriño informativo é unha unidade didáctica sobre Educación Vial con fotografías e debuxos de Redondela, repasa os sinais de tráfico, ou como facer para cruzar un paso de peóns. A campaña está dirixidas aos alumnos de primaria dos colexios redondeláns.