Hoxe é o día Mundial das Enfermidades Raras. Son aquelas que afectan a menos de cinco persoas de cada dez mil. As asociacións de enfermos e familiares queren lembrar que hai máis de 7.000 doenzas raras e que afectan o 7 por cento da poboación. En Galicia unhas 200.000 persoas. A presidenta da Asociación Andaina leu un manifesto aproveitando o día.