A terceira moción presentada polo B.N.G tivo como referencia o transporte público na área metropolitana xa que consideran de gran importancia a conexión entre Vigo e Redondela. A voceira do B.N.G apuntaba novamente ao alcalde de Vigo pola retirada do (bono-bus) aos veciños de Chapela xa que é un problema moi importante que o concello de Redondela ten que solucionar.