Dende o venres posado podemos gozar no Multiusos da Xunqueira dunha magnífica exposición de fotografías en branco e negro. Unhas fotografía que percorren o tempo e trasládannos ao pasado para que poidamos vivir como eran os oficios e os traballos hai un século. A exposición está organizada polo Concello de Redondela en colaboración coa Deputación de Pontevedra.