A Policía Nacional detivo un home cando intentaba atracar un banco en Redondela. Foi un axente da Policía Local o que se decatou do que pasaba e alertou os axentes que estaban na zona. Mentres o vixiaban, decatáronse nun momento de que se afastaba dos empregados e lle daba as costas á porta. Entón os policías entraron e abalanzáronse sobre o atracador, que intentou sacar un revolver do peto do abrigo. Conseguiron detelo e xa pasou a disposición xudicial.