Usuarios e veciños da praia de Cesantes en Redondela denuncian o mal estado do firme da vía que baixa á praia. Aseguran que o maior problema é cando coinciden dous coches na estrada xa que ámbolos dous vehículos se teñen que botar para as beiravías pola súa estreiteza, o que provoca danos nos neumáticos. Este é un dos treitos máis deteriorados da estrada que baixa á praia de Cesantes. As fortes e constantes choivas deste ano e a construción dun novo muro de contención provocaron novas fendas e que a beiravía de terra se fose desfacendo. Isto provoca que sofran as rodas dos vehículos que se achegan ata este areal. “Dende que fixeron o muro aí, o de RENFE, está sen asfaltar xa desde o verán pasadosofre. Unha vez que subes para aquí tes que meterte a rente do muro, desfás o coche completamente e se che vén un camión é desesperante. E non o dan arreglado