hoxe cùmprese 11 anos do atentado do 11-M Os ataques consistiron nunha serie de explosións que se produciron na mañá do día 11 de marzo, entre as 7:39 e as 7:42, tres días antes da celebración das eleccións lexislativas. En total 10 mochilas-bomba estouraron en catro trens de proximidade nas estacións de Atocha, El Pozo del Tío Raimundo, Santa Eugenia e nun tren que ía entrar na estación de Atocha. A policía atopou outras tres bombas que non chegaron a estoupar e que segundo o ministro do interior, Ángel Acebes, estaban pensadas para estoupar á chegada do auxilio.