A Xunta de Galicia remitirá este martes a proposta de convenio de adhesión ó plan de transporte metropolitano a tódolos concello da área de Vigo. O Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestructuras reiterou en Redondela a importancia do plan que de aprobarse o longo deste ano comezaría a funcionar no 2015. Durante a xuntanza que mantiveron o Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestructuras e o alcalde de Redondela tamén falaron dotras actuacións importantes pra este concello coma a ampliación da PO-250 e a mellora tecnolóxica da depuradora, que ten como obxectivo prioritario a desodorización desta instalación