PUBLICIDADE REDONDELÁ é unha campaña de promoción da lingua galega na actividade comercial e empresarial. O obxectivo principal é promocionar os establecementos que usan o galego como lingua habitual e animar a outros a que dean o paso e desenvolvan a súa actividade na nosa lingua. Este proxecto inclúe a divulgación de vídeos publicitarios dos establecementos o primeiro deles é a presentación, Nós Ofrecemos , a través da rede, no que os propios comerciantes e propietarios presentan a súa actividade. Despois seguirán outros vídeos nos que darán os seus argumentos e animarán a outros establecementos a que fagan o mesmo.