O vindeiro 28 de febreiro, ás 20.30 h, a sala I do Multiusos da Xunqueira acollerá a inauguración da exposición de fotografías “Oficios e traballos nas imaxes do pasado”. A exposición, cedida pola Deputación de Pontevedra, contén ós testemuños das cámaras de fotógrafos anónimos e doutros máis profesionais, como Zagala, Pintos, Ferrer, Sarabia, Fernández de los Ríos ou Moreira, e supón un interesante conxunto de documentos visuais que inmortalizan diversos aspectos etnográficos da Galicia de finais do século XIX e das primeiras décadas do XX.