O monte da Peneda en Redondela é un dos lugares máxicos . Castro, castelo e eremita, o seu cumio foi privilexiada espectadora da historia e terra fértil para as lendas. Contan que, dende moi antigo, na cumio do monte realizábanse rituais á luz de grandes luminarias para afastar males de ollo, curar enfermidades ou conseguir o amor da persoa desexada. E contan tamén que baixo a vella sobreira que se alza ao lado da eremita agóchase un fabuloso tesouro enterrado, quen sabe si protexido por mouros e ananos…
(Tarabblo realizado por galiciaenteira.com)