Este patio cun tellado de uralita é o único espazo cuberto co que conta o colexio Laredo situado en Chapela. Os pais e profesores do centro levan trece anos pedindo que se cambie a cuberta que segundo din contén amianto, unha compoñente tóxica e perigosa prá saúde.

“Estamos reclamando xa desde hai 13 anos a substitución da uralita, que ten compeñentes tóxicos, como todos sabemos, e estamos pedindo a substitución porque está moi deteriorada e en calquera momento vai pasar algo e non queremos chegar a ese punto. A substitución é cata, son 12.000 euros, xa que teñen que vir uns especialistas e levalo a un punto limpo.”
Os cento corenta alumnos do colexio empregan este espazo pra saír ao recreo os días de choiva. O mal estado do tellado fai que se filtre a auga.
“É a única zona cuberta do colexio, son os douscentos metros regulamentarios pero que non son útiles porque cando chove ten goteiras e os nenos móllanse. Mesmo este inverno que foi tan duro non puideron facer fila, nin nada, e cando teñen educación física tampouco poden ter un espazo pra realizar a súa actividade”.
A comunidade educativa consideran urxente a retirada da cuberta. Desde a Consellería de Educación din que xa se realizou un informe técnico da estrutura que demostra que non supón ningún perigo para a vida cotiá do centro