Veciños de Cesantes, en Redondela, protestan pola presenza dun guindastre de gran tamaño preto das vivendas. Explican que a obra na que está emprazada leva catro anos parada. Critican que a estructura fai moito ruído co vento e que este inverno, cos temporais, pasaron moito medo. Desde o concello de Redondela aseguran que o guindastre e legal e que pasou todas as revisións técnicas. Este guindastre está a causar temor entre os veciños de Cesantes, en Redondela. Leva catro anos sen empregarse porque a obra quedou paralizada. Os veciños din que cando hai vento, sobre todo nas noites, fai moito ruído. Ademáis din que este ano, cos temporais do inverno, pasaron moito medo. “Nin se durme, uns ruídos espantosos… O guindastre vira e fai como un asubío. Moito tuido… E non vemos a ninguén que veña facer unha revisión. E medo tamén porque se cae, as acasa están moi preto.” “Eu abro a fiestra e xa o vexo dando voltas. A veces é horrible. Co temporal era moi perigoso.” “Estos días de inverno foi horroroso. Un zumbido como se asubiasen. De vez en cando eu tiña medo. Esto móvese continuamente.” “comezamos a facer protestas sobre este tema. Mandamos peticións. Metímolo nun pleno a través dun grupo poliítico, pero a resposta foi que pasara a revisión, cousa que nós dubidamos. O concello non se implica… Aínda que a deixasen no terreo, pero que a desmonten para que non sexa o perigo que é agora.” Desde o concello apuntan que o guindastre é legal e pasou todas as revisións. O responsable da empresa constructora explicou que xa estaba disposto a retiralo, pero que ante as protestas dos veciños nos medios enfadárase decidira aprazalo e que o fará nos próximos meses.O permiso que ten agora expira o 5 de xullo.