O XV Festival de Títeres de Redondela memorial Juanjo Amoedo presenta este ano unha das novidades máis esperadas na vila. A banda sonora do festival un cd de audio gravado integramente en Redondela por músicos de Redondela como The Silence, RMS, Circo de Pulgas, Retroblues, Caramuxo Vermello, Os Carambolos e María Fumaça, Alberto Vilas o Suso Ben entre outros. O cd sairá a venda nos días previos ó Festival e por suposto no mesmo Festival. Alfonso Conde un dos organizadores históricos do Festival é o creador do cd.