O XV Festival de Títeres Memorial Juanjo Amoedo celebrarase entre os días 19 e 25 de maio, vinte son as compañías escollidas de todo o mundo para traer as delicias dos monicreques a Redondela. Arxentina, Ecuador, Chile, Rusia son parte dos países que actuarán nesta XV edición. Un ano máis Luis Crespo responsable da organización do Festival salientou a complexidade á hora de escoller compañías.