Redondela en Curto presentou a segunda exposición do artista redondelá Ángel Barros Montero co motivo do 10 aniversario do festival. Ángel Barros agradeceu o arroupe ás persoas que asistiron ao acto e explicou cales foron os motivos que o levaron a preparar esta exposición. Barros nos seus tempos en activo traballou como restaurador para o Museo do Louvre e restaurou obras da talla de Picasso, Sorolla, Manet, Matisee entre outros moitos. A exposición estará aberta ao público ata o 14 de maio.