O sorteo da ONCE deixou 100.000 euros en Redondela. O premio foi repartido en 5 cupóns de 20.000 euros. Trátase do sorteo do soldazo do sábado da Once. O vendedor sospeita que case todos os agraciados son desta vila pontevedresa.