Os veciños deste lugar de Nogueira, en Redondela, atopáronse con que parte desta construción estaba ardendo e intentaron sufoca-las lapas. Mentres realizaban estas tarefas, un dos mozos inhalou demasido fume e tivo que ser trasladado a un centro sanitario, aínda que non está grave. Os propietarios durmían cando os avisaron do incendio. Os bombeiros do Porriño acudiron ao lugar para sufocar as lapas e evitar que o lume chegase ao resto da edificación.
“E viron que ardía. Foi sobre as sete da mañá. Xa nos avisaron e viñemos.” “Para intentar extinguir coas mangueiras de xardín. E un deles, por mor da inhalación de fume tivo que ser trasladado ao hospital.”