O suceso ocorreu de madrugada neste templo parroquial de san Fausto de Chapela, en Redondela. Os ladróns accederon ao interior por unha destas pequenas fiestras laterais, abriron o sagrario e levaron dous cálices con formas dentro. Ademais doutros obxectos da igrexa, como un televisor. “Entraron por unha xanela deste templo novo e fixeron estragos na fiestra, si apancárona. Levaron dous vasos consagrados que había dentro do sagrario co que había dentro co santísimo. Non levaron a porta do sagrario”. O que máis lle doe a este párroco é que tamén levaran as formas consagradas que os dous cálices tiñan no interior
“Non sei, non calculo. Son dous cálices de prata modernos. Son dous copóns, non son vasos de consagrar”.

Na parroquia redondelá de Chapela xa houbo varios roubos nos últimos días. Malia todo, moitos son os que pensan que a vaga de roubos en templos parroquias da zona de Vigo se debe a uns autores moi concretos que se moven por toda a bisbarra e que poderían ter a mercadoría xa vendida previamente. “Si, hai moita inseguridade en Chapela, en Rande e na zona de Teis. Hai moita xente que vén de fóra: romaneses, xente doutros países e outros pícaros”.
“Tanto en Chapela coma nas semanas pasadas pola zona de Sabarís, Baiona, no mosteiro de Oia e despois en pequenas igrexas. Tamén asaltaron outra igrexa preto de Samil”.
A Comisaría da Policía Nacional de Vigo e Redondela investiga o roubo.