Redondela en Curto arranca este xoves as 21 h no Multiusos da Xunqueira. Na roda de prensa ofrecida esta semana O organizador do evento ” Cuchi” Carreira destacou a cantidade de películas que chegaron para participar neste 10 ano. Tanto Julio Alonso (Concelleiro de Cultura) como Javier Bas (Alcalde de Redondela) destacaron o esforzo da organización en preparar esta edición.