Dous mozos quedaron feridos leves tras unha pelexa multitudinaria ocorrida no centro de Redondela. Os veciños aseguran que xa empezan a estar fartos das constantes liortas que se producen, sobre todo nas fins de semana. Ademais dos danos persoais, tamén houbo estragos no mobiliario urbano. Máis dunha vintena de mozos víronse implicados na liorta, que comezou nun local de copas da zona vella de Redondela e rematou no paseo da Xunqueira.
Os veciños afirmaron que xa están acostumados a este tipo de sucesos. A liorta tamén causou danos no mobiliario urbano e un vehículo da Policía Local apareceu cun retrovisor roto.