Un ano máis Redondela celebrou a tradicional Festa dos Maios, como cada día 1 de Maio as rúas de Redondela énchense de flores para recibir a primavera e en particular as figuras de madeira atrezadas con flores, ovos, froita etc. Este ano foron 14 os maios en participar, parroquias como Reboreda, Ventosela, O Viso acudiron como xa é tradicional a esta cita tan espectacular. O Concello de Redondela volveu a quedar a cabeza dos pobos de Galicia en festexar esta tradicional festa.