A parroquia de Reboreda como xa é tradicional non faltou a esta data do 1 de Maio, a coñecida como “festa dos maios” Nesta ocasión tivemos a sorte de entrevistar a Marcial membro do maio de Reboreda e comentounos que xa tiñan a idea en mente dende as pasadas festas da Coca. A dificultade económica fai que teñamos que ser enxeñosos, o ano pasado nas festas da Coca iamos preparados para fotografar aos ” abuelitos” para logo realizar unha réplica en maio.