Un camioneiro de 54 anos faleceu nun accidente de tráfico no Viso, en Redondela. O camión botouse fóra da estrada e caeu por un terraplén duns trinta metros de alto. Catro horas tardaron os membros do GRUMIR de Redondela e os bombeiros do Porriño en paoder rescatar o corpo do medio dos ferros. O camión saiu da vía, segundo as testemuñas, logo de que se desprazara a carga e o fixera envorcar. Os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida. O condutor, de nacionalidade protuguesa, levaba anos traballando para unha empresa de Pontevedra. Os seus compañeiros din que tiña moita experiencia ao volante.