Xa hai amoestación administrativa para o profesor de ximnasia dun instituto de Redondela que insultou os seus alumnos. A Consellería de Educación sancionou o docente con seis meses de suspensión de emprego e soldo por suposto trato vexatorio a varios estudantes entre 2010 e 2013. Segundo as denuncias da ANPA do centro educativo, localizado na parroquia de Chapela, o profesor chamáballes “gordos” e “mongois” e poñíaos a catro patas no medio da aula cando se comportaban mal ou non facían ben algún exercicio na aula de educación física. Ademais, celebrouse un xuízo en Vigo, que quedou visto para sentenza.