Os Bombeiros de Vigo tiveron que sufocar esta mañá o incendio dun vehículo na autoestrada AP-9, á altura de parroquia redondelá de Chapela.  O coche que circulaba cara a Pontevedra, quedou totalmente calcinado. Afortunadamente o condutor xa saíra do vehículo e non se rexistraron feridos. Como consecuencia deste incidente houbo importantes retencións na vía, xa que os axentes da Garda Civil tiveron que cortar un carril de circulación.