Muyayos de Raïz é un dos grupos invitados a esta VIII edición do Festival Alternativo Millo Verde Muyayo de Raiz  Fundado en Utrecht (Holanda) en 2005, Muyayos de Raíz é un cuarteto de inusual instrumentación con raíces folk pouco comúns de distintas partes do noso continente.

Usando os seus propios arranxos e composicións, exploran novos xeitos de interpretar a música tradicional ( zíngara, celta, vasca, galega …) dando un aire fresco, tranquilo e cheo de vida.No seu son destaca o feito de que todos son músicos clásicos, colaboradores con orquestras como a Orquesta Sinfónica de Castela e León, Kamerorkest Rotterdam e a Orquesta Nacional de España, entre outros.Muyayos de Raíz actuo en numerosas ocasións en Holanda coma en España, Portugal e China, sendo a enerxía , forza e felicidade os ingredientes básicos nos seus concertos.