Un xuíz rebaixa a sanción de seis meses a 12 días ao mestre de Redondela que fora acusado de insultar e vexar aos seus alumnos. Na sentenza o maxistrado estima que os termos “gordo” ou “mongoles” non se empregaron con intención ofensiva ou vexatoria cara os rapaces. Sen embargo, si admite que o profesor de ximnasia atentou contra a dignidade dos estudantes cando os acastigaba a catro patas diante do resto da clase.

A Consellería de Educación sancionara cunha suspensión de 4 meses a un profesor de Redondela ao considerar que tivera un trato desconsiderado cos alumnos por chamarlles gordos e mongoles. Un xuiz de Vigo anula esta sanción. Entende que o termo gordo ou gorda non tiña intencionalidade ofensiva ou vexatoria ao ser empregado nunha clase de educación física para concienciar ao alumnado da importancia para a saúde de evitar o sobrepeso.

Tamén recolle a sentenza que o termo mongoles non facía referencia a ningunha patoloxía, senón que o mestre o empregaba nun contexto puntual de censura a comportamentos violentos ou brutos.
Recolle que a xeneralidade dos alumnos entenderon que non era un insulto, senon no sentido que explicou o profesor na súa declaración, na que o vinculou a unha comparación cunha imaxe histórica das hostes mongoles do exército de Gengis Khan e a súa particular ferocidade e brutalidade nas conquistas.

Si entende o xuíz que castigar aos alumnos a catro patas diante da clase atenta contra a súa dignidade, pero considera desproporcionada a sanción de quince días da Consellería e a rebaixa a cinco. Anula tamén unha falta de disciplina por abuso de poder. E rebaixa a sete días a imposta por falta de rendemento.