O Concelleiro de Cultura Julio Alonso presentou en rolda de prensa en que consistirán as actividades da Festa da Coca 2014. Entre as novidades deste ano destaca o novo emprazamento onde bailará a tradicional Danza das Espadas . Dito lugar é a praza da Casa da Torre, outra das novidades festivas é o concerto que ofrecerán as orquestras Panorama e París de Noia.