Escoitase o so da gaita acompañado polo castañexar constante das castañolas na praza da Constitución de Redondela. É o día de Corpus Chistei e a danza das espadas e as penlas protagonizan un de dos actos máis esperados das celebracións. Na vila dos viadutos estes festexos tamén son coñecidos como Festa da Coca e é que conta a lenda que nas profundidades da enseada de San Simón habitaba un diabólico dragón, coñecido como a Coca.