Esta e a Coca, o vello dragón que raptaba as mozas de Redondela segundo conta a lenda. O día do Corpus percorre as rúas de Redondela, unha vila chea de alfombras florais, de xigantes, de cabezudos e de música. Outra das grandes atraccións da festa é a actuacion das nenas chamadas penlas e das mulleres sobre as que bailan, as burras e a danza de espadas.