O C.D Choco por mediación do seu presidente Iván Crespo foi o encargado de ler o pregón das Festas da Coca 2014. Como ben dixo o Concelleiro de Cultura Julio Alonso, o C.D. Choco é un exemplo no só pola espléndida tempada deste ano se non polo esforzo amosado por todos os xogadores e corpo técnico se non pola estupenda canteira onde máis de 1000 nenos e nenas practican o deporte.