Redondela celebrou o día forte das festas locais o Corpus Cristi. Un día respetado polo tempo, o sol saíu e luciu máis que nunca no día de Corpus. A gran novidade deste ano foi o novo emprazamento onde a Danza das Espadas deleitaron ao público asistente cun extraordinario baile para derrotar á Coca e que esta devolva as mozas da vila roubadas. Redondela.tv estivo a pé de rúa para contar o sucedido.